Fermosas que están as mapoulas mariñas da Guarda
Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM) / A Guarda
Así loce a mapoula mariña (Glaucium flavum), o único exemplar que temos localizado na franxa costeira da Guarda, na zona comprendida entre Solanas e Fedorento. Foi protexido polo Concello da Guarda logo de que falásemos coa Concelleira de Medio Ambiente, evitando deste xeito que acabase sucumbindo pola desbrozadora. Ata o ano 2012, podía verse en varios puntos da franxa costeira guardesa, mais as intervencións humanas (uso da desbrozadora, aterramentos, etc) foron diminuíndo o seu número ata chegar ao único exemplar que queda. Agora ANABAM está inmerso nun programa de reprodución e reintrodución da especie para que volva a ocupar o espazo que lle pertence, recuperando o esplendor que tiña anos atrás.


Ningún comentario:
Publicar un comentario