9 de maio de 2022

VIGO

Acto público SOS Sanidade

Na Casa Galega da Cultura, este martes 10 de maio ás 19:00 horas




Infogauda / Vigo

 A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo convoca un acto público na Casa Galega da Cultura este martes 10 de maio ás 19:00 horas para explicar os motivos da manifestación que percorrerá as rúas da cidade o vindeiro xoves día 12.  

 No acto intervirán o médico de familia Alberto García Pazos; a presidenta da Xunta de Persoal da área sanitaria viguesa, María José Diéguez; e o voceiro de SOS Sanidade Pública de Vigo, Manuel G. Moreira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario