10 de maio de 2022

TOMIÑO

O xerente do Sergas, Javier Puente, e a directora de Primaria, Reyes Díaz reuníronse en Tomiño coa Plataforma en defensa da Sanidade Pública


O xerente do Sergas, Javier Puente, e a directora de Primaria Reyes Díaz, con membros da Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño  

Foto: Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño

Plataforma en defensa da Sanidade Pública / Tomiño

 A pasada  semana a Plataforma en defensa da Sanidade Pública  reuniuse en Tomiño co xerente  do Sergas Javier Puente, e a directora de Primaria Reyes Díaz, para tratar varios temas pendientes con respecto o Centro de Tomiño e o Consultorio de Goián entre outros.  

 Este día, xoves 5 de maio nos informan que se incorpora o Servicio do Centro de Tomiño a médica de Goián, e en breve se incorporará outra médica que sigue de baixa.  Outra  demanda que solicitamos na reunión que mantivemos no Sergas en Vigo sobre  a apertura do centro de Tomiño polas tardes, nos dicen que van facer todo o posible pasando o verán , calculan que a partir de Outubro; o que si se está facendo agora é a prolongación dos horarios de tarde en modalidade telefónica según nos informan. Tamén nos comentaron que solicitaron o Concello melloras na comunicación coas parroquias para comodidade dos usuarios algo que levamos demandando a Plataforma fai tempo.  

 Falounos tamén da nova figura de técnicos en Saúde e da posibilidade dos enfermos crónicos de activar a medicación nas farmacias.  Sobre o Consultorio de Goián non están por pechalo, pero hai que buscar outro local pois o actual non reúne as condicións de hixiene e saúde laboral, e nos dicen que o  Concello comprometeuse a proporcionarlle un local en dous ou tres meses; o mesmo tempo tamén nos inormarán que condicións deberá cumplir o local en cuestión.  Con respecto a marquesina que solicitamos para abrigo dos pacientes e de Servicio de ambulancia, tomaron nota de novo, e como xa pasaron dez anos da sua construccion si se podrá levar a cabo dita obra.   

 Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño, agradecemoslle a sua atención e visita, e agardamos que o antes posible realicen os compromisos acadados con nos, que en definitiva son os de tódolas/os tomiñesas e tomiñeses por recuperar unha Atención Primaria digna e de calidade. Esperamos   que se  cumplan os plazos e estaremos moi moi atentos.  

 Iremos avisando de distintas charlas sobre a Atención Primaria en diferentes parroquias de Tomiño organizadas polo Sergas nas cales nos comprometemos a colaborar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario