26 de maio de 2022

DEPORTES

 FÚTBOL

REXIONAL PREFERENTE - FASE DE PERMANENCIA 

Grupo D 3 Sur

O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO LÍDER

O domingo 29 de maio, ás 6:00 da tarde no Estadio Municipal A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Coa xornada 10, que se disputará no Estadio Municipal A Sangriña, o domingo día 29 de maio, ás 6:00 da tarde, o Sporting Guardés - situado no 3º posto da táboa clasificatoria da Rexional Preferente. Fase de Permanencia. Grupo D 3. Sur - rematará a tempada, medindo súas forzas co C. D. Valladares, líder da clasificación. 

 O encontro será o último desta competición, que tivo formato liga, e que se viu disputando a 3 voltas. O equipo que máis puntos logre - neste caso o C. D. Valladares, con 22, fronte ao Céltiga, F.C. con 17 - será o gañador da fase de permanencia. De feito, o equipo vigués xa é campión fa fase de ascenso.

 Asemade, descenderán dous equipos. Neste momentos, está matemáticamente descendido o Polígono San Ciprián, que contabiliza un único punto, xa que perdeu 7 encontros, non logrou ningunha víctoria, e tan soio logrou empatar un partido.

  En posición de descenso atópase tamén o C.D. Velle, que logrou 13 puntos - os mesmos que o Sporting Guardés -, e ainda que perdeu dous encontros e o conxunto de A Guarda, contabiliza tres derrotas, acontece que o Sporting Guardés ten un número de goles a favor (13 en total), fronte aos 9 do C.D. Velle, que dito sexa de paso, o domingo 22 deste mes logrou no seu feudo unha victoria (2-1) fronte ao Sporting Guardés. 

 No que respecta aos goles en contra, Sporting Guardés e C.D. Velle, empatan a 10 tantos.

 Con eses datos, a misión dos xogadores do Sporting Guardés na xornada do vindeiro domingo non é outra que xogar o mellor que saiban fronte ao C.D. Valladares que vai vir ata A Sangriña a tentar impoñer seu carácter. E a poder ser, anotarse unha nova victoria, ainda que ao equipo visitante ese compromiso non lle vai quitar o sono. A permanencia tena totalmente asegurada. Non podemos decir o mesmo do Sporting Guardés.

 Polo tanto, rematar do mellor xeito posible e a poder ser cunha victoria, debe ser o obxectivo dos xogadores do Sporting Guardés, especialmente para brindarlle a súa afección unha tarde de ledicia deportiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario