26 de maio de 2022

EDITORIAL

 INFOGAUDA: 1.500.000 DE PÁXINAS VISTAS. 1.500.000 DE GRAZAS Á NOSA AUDIENCIA




 Cando o labor que vimos realizando a cotío, conta co refrendo da atención - e da lectura – das persoas que desde calquer lugar do planeta se achegan a Infogauda, esta fiestra aberta que é este xornal dixital transfronteirizo, reconforta por todo o que conleva, especialmente pola renuncia a outras actividades alternativas que poderíamos realizar no tempo que lle adicamos á información. 

 Máis agora mesmo, o que toca é agradecer a todas ás persoas que día a día nos corresponden lendo este blog, que naceu, fundamentalmente, para non ter que reivindicar, de xeito reiterativo, o espazo informativo que entendemos deberan ter a vila de A Guarda e todos os concellos da súa contorna.

 Infogauda: un espazo de información transfronteiriza non agromou por motivos pecuniarios. A vista está. Non fai falla decir nada máis ao respecto. O que si queremos decir, e que chegar a 1.500.000 de páxinas vistas era un obxectivo que nos habíamos marcado, ainda que ben é certo que non nos preocupaba especialmente.

 A nosa vontade é informar, opinar, propoñer e reinvindicar, pensando sempre no progreso de A Guarda e súa contorna. 

 E agora, unha vez máis, agradecer. A todas ás persoas que veñen colaborando de xeito totalmente altruista, e por suposto, ás lectoras e lectores deste blog que acreditan a razón da súa existencia.

 Contabilizamos 1.500.000 de páxinas vistas e queremos agradecelo con 1.500.000 de grazas a nosa audiencia.

 

 Infogauda

Ningún comentario:

Publicar un comentario