CAMPOSANCOS ESTÁ VIVO
A auga chegará ao pico de San Francisco, no Monte Santa Trega
José Fernando Martínez Martínez* / Camposancos
Dende fai uns anos vimos traballando, primeiro cos responsables políticos do grupo de goberno municipal de A Guarda e dado que nos amosaron as súas reticencias decidimos apoiarnos no grupo da oposición PP para poder chegar a o departamento de Turismo da Xunta de Galicia. Roberto José Álvarez Carrero enseguida conseguiu que Nava Castro nos recibise, e despois de escoitarnos entendeu que era unha reivindicación xusta, que o segundo lugar mais visitado de Galicia non chegue a auga potable é tercermundista polo que prometeunos implicarse e buscar no posible unha solución.
Hoxe podemos anunciar que despois de moitas reunións conseguimos que a Xunta de Galicia concedese unha subvención de perto de 250.000€ a Comunidade de Montes de Camposancos (A Guarda).
Non quero nin podo silenciar que Roberto José Álvarez Carrero abriunos as portas de Nava Castro e de Alfonso Rueda que sendo vicepresidente da Xunta de Galicia se comprometeu a solucionar unha eiva que dende sempre penalizaba o monte Trega e que o Padroado Municipal Monte Santa Trega non soubo resolver.
Camposancos está vivo.
* Presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos
Ningún comentario:
Publicar un comentario