14 de abr. de 2022

VIGO

O COMITÉ DE EMPRESA DE URBASER DARÁ CONTA DOS SERVIZOS MÍNIMOS

Impostos para a folga indefinida do persoal da concesionaria do servizo de limpeza das dependencias municipais do Concello de Vigo, que dará comenzo o vindeiro luns día 18 de abril

Infogauda / Vigo

 O comité de empresa de Urbaser (CIG, CCOO e UGT), concesionaria do servizo de limpeza das dependencias municipais do Concello de Vigo, comparecerá en rolda de prensa, o vindeiro luns día 18 de abril, ás 10:30 horas, diante do Concello de Vigo, para dar conta dos servizos mínimos impostos para a folga indefinida que dará comezo este luns 18 ante os incumprimentos laborais da compañía. 

 A representación sindical denuncia que Urbaser vulnera o prego de condicións do concurso e o convenio colectivo, ademais de negarse a negociar un novo acordo laboral que garanta unhas condicións económicas e sociais dignas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario