Tomiño vén de publicar as bases do "Circuíto Cultural 2022" co fin de promocionar as agrupacións musicais tradicionais do municipio
O prazo de presentación das solicitudes será cunha antelación mínima de 30 días á data da actuación solicitada
Infogauda / Tomiño
O Concello de Tomiño vén de publicar as bases do "Circuíto
Cultural" 2021 co obxectivo de promocionar un ano máis as agrupacións
musicais tradicionais do municipio.
Poderán solicitar a inclusión no Circuíto Cultural as seguintes
agrupacións: bandas de música, corais, bandas de gaitas, treboadas,
pandereiteiras, murgas ou charangas e grupos de acordeóns. As Comisións de
Festas e outras entidades organizadoras deberán poñerse en contacto coas
agrupacións que aceptaron participar no Circuíto Cultural para contratalas e
concretar a data da actuación, sendo exclusivamente un acordo entre as dúas
partes.
As contías máximas dos distintos tipos de agrupación con sede social en
Tomiño son as seguintes:
- Banda
de Música 400,00 €
- Corais
200,00 €
- Bandas
de gaitas (con máis de 30 compoñentes) 300,00 €
- Grupos
de Gaitas 200,00 €
- Treboadas
200,00 €
- Pandereteiras
150,00 €
- Murgas
ou Charangas 150,00 €
- Grupos
de Acordeóns 150,00 €
O crédito orzamentario total comprende o gasto por importe de 14.000€.
As solicitudes presentaranse a través Sede Electrónica do Concello de
Tomiño ata o 2 de decembro 2022, (será obrigatorio a presentación a través
da sede electrónica para as asociacións. O modelo de solicitude está ubicado na
seguinte URL: https://tomino.sedelectronica.gal/dossier.1), e dende o
día seguinte á publicación da convocatoria das presentes bases na páxina web http://www.tomino.gal e no Portal de Transparencia do Concello
de Tomiño, na seguinte URL:
https://tomino.sedelectronica.gal/transparency/9328420c-cb70-4a0c-939e-93f945339125/
, conforme ao Modelo(Anexo I) que acompaña a estas Bases.
O prazo de presentación das solicitudes será cunha antelación mínima de 30 días á data da actuación solicitada. Toda aquela solicitude que sexa presentada fóra de prazo poderá ser desestimada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario