Amor, desamor e crítica social coa rosaleira Vanessa Rodríguez Álvarez, na biblioteca municipal
A escritora presentará o seu primeiro libro ‘Versiones de mi que desconozco’ este xoves 7 ás 19.00 horas. Entrada de balde ata completar aforo
Infogauda / O Rosal
O mes do libro continúa esta semana no Rosal coa
presentación dunha nova obra na biblioteca municipal. Este xoves 7 de abril, a
rosaleira Vanessa Rodríguez Álvarez presentará ao público ‘Versiones de mi que
desconozco’, un libro que fala de amor, de desamor, de crítica social e
existencial que a autora comezou a escribir mentres estudaba grazas aos ánimos
dunha profesora que animaba ao seu alumnado a reflexionar.
Froito
desas reflexións naceu esta obra á que Rodríguez Álvarez estivo dando forma
durante catro anos cun único propósito: non gardar nada dentro. Nada en Suíza
en 1994, a escritora reside no Rosal dende os catro anos. É estudante de
Educación Infantil, amante da poesía e escritora dende idade moi temperá, aínda
que non se animou ata os 27 anos a publicar o seu primeiro libro de reflexións
e prosa poética.
A
presentación será ás 19.00 horas na biblioteca con entrada libre ata completar
aforo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario