“Experiencias apícolas”
Visitas guiadas esta Semana Santa 2022 no Rosal
Infogauda / O Rosal
Marcos Rodríguez Portela é un xove emprendedor do Rosal dedicado ao mundo da apicultura e que tras lanzar hai uns anos o seu novo proxecto titulado “Apadriña unha colmea”, mediante o cal fai partícipe, a todo o que o desexe, do proceso de elaboración do mel das súas colmeas, ofrece novamente esta Semana Santa 2022 as experiencias apícolas.
Esta proposta consiste en visitas guiadas a un dos seus apiarios no Rosal, onde os participantes poderán coñecer de primeira man como é o traballo dun apicultor, unha experiencia apícola única ao aire libre e que se presenta un ano máis como alternativa turística e de lecer para esta Semana Santa no Rosal.
Ademais os participantes participarán nunha degustación de meles, podendo saborear algunhas dos meles existentes como o mel de eucalipto, mielato de carballo, mel de bosque ou o mel de flores.
Establécese un prezo de 10€ para maiores de 14 anos, 8.50€ para menores de entre 6 e 14 anos e os menores de 6 anos gratis.
As visitas realizaranse durante toda a Semana Santa 2022 e as persoas que desexen participar, poden reservar xa a súa visita chamando ao 671 644 541 ou ao 627 556 186 ou enviando un correo electrónico a melninodocorvo@gmail.com
Unha experiencia única en contacto coa natureza, con grupos reducidos e con protocolo covid-19 para a seguridade de todos os participantes.
“Quero que este proxecto sirva para que moita xente que non sabe como se elabora o mel poida ter a oportunidade de coñecer este mundo de primeira man, con visitas guiadas, facéndoos partícipes deste proceso”, dixo Marcos Rodríguez Portela a este xornal dixital transfronteirizo.
Este xove empresario rexenta a empresa Apicultura Niño do Corvo, situada na rúa Ramón Franco, nº 21 no Rosal – Pontevedra, unha empresa dedicada á venda de material, formación e asesoramento para apicultores e para persoas que lles guste e quéiranse iniciar no mundo da apicultura.
Na actualidade elabora o mel de bosque “Niño do Corvo”, proveniente do máis dun centenar de colmeas que posúe a empresa en zonas boscosas da comarca do Baixo Miño, o xardín do sur da provincia de Pontevedra.
Tamén conta coa súa tenda en liña en www.apiculturagalicia.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario