3 de abr. de 2022

A GUARDA

A SEMANA SANTA GUARDESA COMEZA COA PROCESIÓN DE VENRES DE DOR

O vindeiro venres día 8 de abril de 2022 ás 9 da noite



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Dentro do calendario litúrxico pastoral da igrexa católica, un dos tempos máis agardados polos fieis, en particular, e de xeito xeral, pola cidadanía, é o correspondente a Semana Santa, que na vila de A Guarda comeza a exteriorizarse o venres da V semana de Cuaresma, coa procesión de Venres de Dor.  Será o vindeiro día 8 deste mes de abril, ás 9 de noite, cando desde a igrexa parroquial da Asunción de Santa María, procesionará a imaxe de Nosa Señora das Dores, unha advocación mariana, coa cal a Igrexa Católica venera a Virxe María. 

 A devandita advocación - Dores - destaca o sentimento de dor da Nai ante o sufrimento do seu Fillo. As "sete dores" fan referencia aos sete episodios da vida de Xesucristo, relatados polos evanxeos, que fixeron sufrir a María, quen acompañaba ao seu fillo na súa misión de Redentor.

 Na procesión do Venres de Dor, a imaxe da Virxe María, irá acompañada polos representantes eclesiásticos; membros da Confraría da Virxe das Dores, de A Guarda e demais fieis, así como polos/as compoñentes de Banda da Música da Agrupación Musical de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario