5 de abr. de 2022

GOIÁN

CICLO DE CINE ESPAÑOL NO CINECLUB POLEIRO  

O cineclub Poleiro programa La vida era eso, a segunda película do ciclo de primavera. Cine español en apoio a un dos sectores castigados pola pandemia.




Rita Alonso / Goián

 O próximo xoves, 7 de abril, ás 21:30 horas, no Auditorio de Goián o cineclub Poleiro, proxecta La vida era esoUn filme dirixido por David Martín de los Santos. 

 Trata da relación de dúas mulleres españolas de dúas xeracións que emigraron a Bélxica e coinciden nun hospital. Unha vive alí dende hai décadas e outra acaba de chegar buscando una oportunidade que nunca atopou en España.  

 Acadou os Premio Feroz e Festival de Sevilla á  Mellor actriz, para Petra Martínez.   

 O 5 de maio, La hija, dirixida por Manuel Martín Cuenca. Conta a historia de Irene. Ten 15 anos, vive nun centro de menores infractores e queda embarazada. Pode cambiar de vida coa axuda dun educador.  

 O 2 de xuño o ciclo remata con El amor en su lugar, de Rodrigo Cortés. Xaneiro de 1941. 400.000 mil xudeos de toda Polonia levan máis dun ano confinados polos nazis nun estreito gueto. Fora do muro, a vida segue.  

 O bono de socio/a para o ciclo custa 10€. Desconto con bono anterior 5 €. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario