24 de abr. de 2022

DEPORTES

REMO

O CLUB DE REMO ROBALEIRA LOGRA UN NOVO CAMPIONATO DE GALICIA DE BATEIS

Na categoría cadetes feminina


Tripulación de cadetes féminas do Club de Remo Robaleira, de A Guarda, logo de acadar o campionato de Galicia de bates, disputado en Rianxo
Foto: Santiago Baz Lomba

Infogauda / A Guarda

 Ás cadetes femininas do Clube de Remo Robaleira, de A Guarda, veñen de proclamarse  en Rianxo, campioas de Galicia de bateis. Dese xeito, ademáis do título autonómico, lograron o pase directo ao Campionato de España que se celebrará a vindeira fin de semana en Pasaia (Gipuzkoa).

 Parabéns as remeiras de Robaleira, que logo de facer unha tempada formidable, lograron o campionato de Galicia, demostrando que en banco fixo, hai que contar coa mocidade do club de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario