O SELO DO MONTE SANTA TREGA, PROTAGONISTA DUNHA MOSTRA FILATÉLICA
Que poderá visitarse os días 29 e 30 de abril; e 1 de maio de 2022, na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
O selo do Monte Santa Trega, que vai ser presentado este martes día 26 de abril, será o protagonista da exposición filatélica que organizan a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos e a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, coa colaboración da Federación Galega de Sociedades Filatélicas.
A inauguración da exposición será o venres día 29 de abril, ás 20:30 horas, na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos.
A mostra filatélica tamén poderase visitar o sábado día 30 de abril, e o domingo día 1 de maio, en horario 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario