Plan para a implementación dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS)
A nivel municipal na Guarda
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda a través do Fondo Galego de Cooperación, acaba de dar comezo a elaboración do Plan para implementación dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible a nivel local para os próximos tres anos.
Para este labor o concello estará guiado polo equipo de profesionais da empresa - Instituto para el Crecimiento Sostenible de la Empresa (ICSEM) - contratada polo Fondo Galego de Cooperación.
Todo este traballo terá diferentes fases ao longo deste tempo, partindo dunha análise diagnóstico, coa revisión de información, elaboración de mapa de axentes sociais, enquisas, etc. A partir desta análise elaborarán accións concretas que poidan implantarse nos próximos 3 anos para avanzar no cumprimento da Axenda 2030.
O plan e accións que se programan faranse públicas a finais deste ano 2022.

Ningún comentario:
Publicar un comentario