A Guarda remata abril con programación polo Día do Libro
• Presentacións de libros e actividades de rúa para fomentar a lectura
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través da concellería de Cultura, realizou ao longo deste mes de abril diversas actividades polo Mes do Libro 2022 que continúan esta fin de semana co Día do Libro (23 de abril).
PROGRAMACIÓN MES DO LIBRO
Este ano decidiuse realizar a II Ruta do Libro, unha actividade na que participan as 4 librarías da vila e na que entregarase un agasallo na Biblioteca Municipal de A Guarda a todas as persoas que consuman 30€ nestes establecementos.
Xa para rematar a programación do Mes do Libro 2022, o 23 de abril celebraremos o Día do Libro con descontos especiais nas librarías da localidade e obsequiarase cunha flor (ata fin de existencias) ás persoas que realicen compras neste día.
Ademais contarase de 10:30h a 13:00h cun emblema clásico dos cómics de España, “Mortadelo e Filemón”, que visitarán A Guarda para conmemorar este día facendo un percorrido pola Biblioteca Municipal, as librarías e as principais rúas da vila.
Recorda que na Biblioteca Municipal de A Guarda está habilitado un mural no que poder deixar a túa pegada con mensaxes ao longo de todo o mes de abril.
Máis actividades polo mes do libro
O venres día 22 de abril, ás 20:00h na Casa dos Alonso será presentado o libro “A Porta do inferno. O campo de concentración de Camposancos, na Guarda (Pontevedra)”, de José Antonio Uris Guisantes e Víctor Manuel Santidrián Arias.
O sábado día 30 de abril ás 18:00h, na Casa dos Alonso, terá lugar a presentación do libro “Palabras como corpos prata” de Joaquín Cadilla Castro.
Aforo limitado e inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario