A rede móbil de nova xeración chega a Oia
Para solucionar as posibles afeccións que estes cambios poidan ter sobre a TDT, habilítase o teléfono gratuíto 900 833 999
Infogauda / Oia
As operadoras de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange implantarán nas próximas semanas en Oia os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración 4G e 5G (sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente). Para solucionar as posibles afeccións que estes cambios poidan ter sobre a TDT, as operadoras poñen a disposición da veciñanza o número de teléfono gratuíto 900 833 999.
As conexións de nova xeración permitirán aos veciños e veciñas de Oia contar con conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e tamén cunha maior extensión xeográfica. A prestación destes servizos móbiles nas bandas de 800 e 700 MHz poderá afectar á recepción do sinal de TDT dos usuarios, debido a que estas bandas eran anteriormente empregadas para o servizo da televisión.
No caso de producírense estas afectacións sobre a TDT, as operadoras teñen posto en marcha o servizo “llega700” para resolver calquera problema de xeito gratuíto. Para iso, tense habilitado o antedito número de teléfono, así como a páxina web www.llega700.es
Ás persoas afectadas solucionaránselle as incidencias sen custo algún, co obxectivo de restablecer a recepción do sinal da TDT con total normalidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario