19 de abr. de 2022

A GUARDA

O Concello continúa organizando charlas informativas sobre a factura da luz e consellos de aforro enerxético  

A próxima terá lugar este mércores 20 de abril ás 19:00h no Centro Social de Salcidos

A seguinte terá lugar o xoves 21 de abril ás 19:00h na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos

E a última o mesmo xoves ás 20:30h no local da Asociación de Veciños O Percamino de A Gándara




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda, a través da concellería de Medio Ambiente, continúa organizando charlas informativas sobre a factura da luz e consellos para o aforro enerxético en fogares e empresas do municipio.  

 Unha vez máis, contarase cos poñentes David Portela Andura, enxeñeiro industrial en electricidade, e Santiago González Veiga, avogado especialista no sector eléctrico. Eles serán os encargados de trasladar aos asistentes consellos sobre aforro enerxético, enerxías renovables e informacións de interese sobre a comprensión das facturas da luz, franxas horarias de consumo, prezo da potencia contratada, reclamacións, entre outras. 

  A próxima charla terá lugar este mércores 20 de abril ás 19:00h no Centro Social de Salcidos




 A seguinte sesión informativa terá lugar o xoves 21 de abril ás 19:00h na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos. E a última o mesmo xoves ás 20:30h no local da Asociación de Veciños O Percamino de A Gándara.  

 En palabras de Antonio Lomba, alcalde de A Guarda, “sabemos que o prezo da enerxía, en concreto da electricidade, está afectando moito á economía das familias e queremos que os veciños e veciñas coñezan mellor o funcionamento da factura eléctrica e as posibilidades de abaratar o recibo da luz.” 

 O Concello está a poñer en marcha estas charlas informativas encamiñadas a minimizar o impacto do custo da enerxía na economía, tanto municipal coma doméstica. Así, en breve, lanzará o “Plan Rehabita” de rehabilitación de vivendas particulares e as comunidades enerxéticas, que teñen coma obxectivo o aproveitamento das enerxías renovables no ámbito doméstico ou no ámbito particular. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario