Subvencións de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos
Últimos días para presentar as solicitudes
Infogauda / A Guarda
Dende o Concello de A Guarda infórmase de que o próximo día 9 de maio rematará o prazo de solicitude das subvencións da Xunta de Galicia para a dotación de servizo de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas en zonas do rural galego.
Superado o ecuador do prazo de solicitude, facemos unha última chamada a todos aqueles autónomos e empresas interesados nestas axudas da Xunta.
Esta liña de axudas conta cun orzamento inicial de case 880.000 euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).
As empresas interesadas poderán beneficiarse de subvencións de ata o 100% dos custos necesarios para o acceso a internet de cando menos 100 Mbps , cun máximo de 20.000€ por proxecto.
Para máis información sobre estas axudas pode acceder á seguinte ligazón PR604A - Subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida. - Sede Electrónica - Xunta de Galicia, ou ben poñerse en contacto coa Oficina de Banda Larga a través da dirección de correo electrónico oficina.bandalarga@xunta.gal ou chamando ao teléfono 981 95 78 68, de luns a venres, en horario de 9:00 a 15:00h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario