21 de abr. de 2022

A GUARDA

O programa “Semente de Igualdade”, promovido polo Concello de A Guarda, conclúe coa presentación do libro de Amelia Tiganus 

Amelia Tiganus realizará unha charla con escolares o día 27 de abril e o día 28 presentará o seu libro no Centro Cultural da vila (con inscrición previa). 




Infogauda / A Guarda

 “Semente de Igualdade”, é o lema que o Concello de A Guarda escolleu este ano para conmemorar o 8M con varias actividades con motivo do Día Internacional da Muller, na que incluiron as accións con teatro, propostas educativas nos centros escolares do municipio, unha habitación de escape, charlas,...que foron realizándose ao logo do mes de marzo e que concluirán neste mes de abril.

 Dese xeito, o mércores día 27 de abril pola mañá, terá lugar unha charla a cargo de Amelia Tiganus,  dirixida ao alumnado de bacharelato e ciclos de F.P do IES A Sangriña; e o xoves 28 de abril, ás 19:30h o Centro Cultural acollerá unha segunda charla de Amelia Tiganus, dirixida ao público en xeral onde nos falará do seu libro “La revuelta de las Putas”. Esta actividade no Centro Cultural da vila require dunha inscrición previa en https://www.eventbrite.es/e/entradas-relatorio-amelia-tiganus-324040131757?aff=ebdsoporgprofile  

 Amelia Tiganus é una activista feminista abolicionista, nada o 11 de marzo de 1984 en Galati (Rumanía). Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español.  

 Publicou varios artigos, un comic titulado “Amelia, historia de una lucha” coa intención de chegar á poboación máis nova; acaba de publicar  “La revuelta de las putas e é formadora en varios cursos e obradoiros de sensibilización e prevención da trata e a prostitución.  

 Das súas  aparicións nos medios de comunicación, destaca a súa intervención en Salvados – Las invisibles, un programa de máxima audiencia da Sexta, onde foi entrevistada en profundidade polo xornalista Jordi Évole e na cadena SER, no programa de Aimar Bretos “Hora 25”, entre moitas outras intervencións públicas. 

 Tiganus deixa claro que: «Non podemos falar de igualdade entre homes e mulleres, nin de xustiza social, nin da sociedade do bo trato mentres exista unha soa muller no mundo explotada sexualmente».  

 Ten varios recoñecementos, entre eles, na categoría "Superación", o do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad,  a persoas e institucións cuxa labor na erradicación da violencia contra as mulleres destacou especialmente.

 Desde o Concello de A Guarda tamén lembran: «Estáse traballando no deseño dun roteiro e unha andaina coa finalidade de visibilizar e pór en valor o importante papel das mulleres guardesas».

Ningún comentario:

Publicar un comentario