8 de abr. de 2022

A GUARDA

A Guarda pon a punto praias e sendeiros de cara á Semana Santa  

Grazas a entrada en servizos de persoal contratado polo Concello de A Guarda a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra


Praia Area Grande
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda prepárase para a Semana Santa coa posta a punto, limpeza e acondicionamento de diferentes espazos públicos do municipio coma as principais praias marítimas e fluviais, así coma os diferentes sendeiros e camiños de titularidade municipal de máis tránsito nestas datas.  

 Grazas a entrada en servizos de persoal contratado polo Concello de A Guarda a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, trabállase arreo na limpeza manual dos areais das praias do Forte, A Lamiña e Codesal, en Camposancos, que despois de distintos temporais invernais quedaron nun estado deplorable. De cara á inminente chegada da Semana Santa, realizouse esta posta a punto dunhas das praias de maior afluencia da comarca e que conta, coma é o caso da praia do Forte, co distintivo de Bandeira Azul e “Ecoplaya”, que recoñece o esforzo da limpeza manual das praias xa que non se emprega maquinaria que remova a area, respectando o delicado ecosistema dunar. 

 

                                                                                                       Praia Fedorento

 Tamén se están a realizar labores nos areais marítimos Area Grande, Fedorento e O Carreiro.  

 No caso de camiños e sendeiros, dende fai unhas semanas operarios municipais e unha empresa externa encargáronse do desbroce e acondicionamento da Senda Litoral que comunica o porto de A Guarda coa praia do Forte (Camposancos), substituíndo tamén algunhas táboas que se atopaban danadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario