A CORPORACIÓN MUNICIPAL CELEBRARÁ SESIÓN PLENARIA EXTRAORDINARIA
O vindeiro mércores día 13 de abril, ás 8:30 horas, na casa do Concello
Infogauda / A Guarda
Logo de haberse celebrado este venres día 8 de abril, ás 8:30 horas, unha sesión extraordinaria da Comisión de Asuntos Plenarios, con un único punto na Orde do día (Expediente 53/2022. PROPOSTA DA ALCALDÍA ADXUDICACIÓN CONTRATO DE OBRAS “EXECUCIÓN DE REFORMA E AMPLIACIÓN DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE A SANGRIÑA”); o alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz, convocou aos membros da Corporación Municipal para unha sesión plenaria extraordinaria, que se celebrará na Casa do Concello, o vindeiro mércores día 13 de abril de 2022, ás 8:30 horas.
O asunto da convocatoria é o seguinte:
PUNTO ÚNICO: Expediente 53/2022. PROPOSTA DA ALCALDÍA ADXUDICACIÓN CONTRATO DE OBRAS “EXECUCIÓN DE REFORMA E AMPLIACIÓN DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE A SANGRIÑA”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario