20 de abr. de 2022

A GUARDA

O libro A porta do inferno. O campo de concentración de Camposancos na Guarda (Pontevedra) 

Será presentado na Casa do Concello de A Guarda o vindeiro venres 22 de abril, ás 20 horas



Elvira González Comesaña* / A Guarda

 A presentación do libro A porta do inferno. O campo de concentración de Camposancos na Guarda (Pontevedra), terá lugar na Casa do Concello de A Guarda o vindeiro venres 22 de abril, ás 20 horas.  

 Os autores da publicación, José Antonio Uris e Víctor Sanchidrián, tratan un dos máis importantes símbolos da represión franquista en Galicia, acaecida nun antigo colexio de xesuitas na parroquia de Camposancos. Por alí pasaron miles de presos durante os anos da Guerra Civil e muitos deles foron fusilados despois de xuizos militares que se celebraron no mesmo edificio.  

 O principal obxectivo deste libro é o de dar a coñecer eses feitos ás novas xeraciós. 


* Membro da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica do campo de concentración de Camposancos  e a fosa común de Sestás

Ningún comentario:

Publicar un comentario