20 de abr. de 2022

A GUARDA

Domitila Vicente Franco cumpre 90 anos sendo a usuaria máis activa da piscina municipal 

• Celebrouno este mércores na compaña das súas compañeiras da piscina municipal de A Guarda, á que leva asistindo 24 anos. 


Domitila Vicente - no centro da imaxe - co alcalde Antonio Lomba, e a tenente alcalde Mª Montserrat Magallanes, nas instalacións da piscina municipal de A Guarda
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda  

 O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e a concelleira de Deportes, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, visitaron na xornada deste mércores día 20 de abril a piscina municipal da localidade, para darlle os parabéns a Domitila Vicente Franco polo seu 90º aniversario.  

 Domitila ou “Tila”, como lle chaman as súas amizades, leva 24 anos asistindo ininterrompidamente ás instalacións da piscina municipal de A Guarda, sendo a usuaria máis activa dende a posta en marcha deste servizo no ano 1998.  


Domitila co alcalde, a tenente alcalde e varias compañeriras do grupo de piscina, compartindo a ledicia do aniversario desta activa veciña
Domitila e o alcalde de A Guarda con persoal da piscina municipal de A Guarda
Domitila e familiares, co alcalde e a tenente de alcalde de A Guarda

 

 Foi por este motivo que o persoal das devanditas instalacións e as súas compañeiras de grupo da piscina quixeron darlle esta agarimosa recepción, na que no faltou a entoación do feliz aniversario, as fotos, os cantos e as risas.  

 Conta Tila que foi un médico o que lle recomendou asistir á piscina para levar mellor algúns problemas que padecía de mobilidade nas pernas. Pero a cousa converteuse nunha afección  da que non houbo maneira de separala, indicando que moitas veces tamén ía á piscina os sábados e domingos, aínda que agora só vai de luns a venres.  

 Tila aproveita tamén o seu día a día para camiñar pola vila, dando un paseo dunha hora despois de asistir á piscina á mañá e outro pola tarde.  

 A concelleira de Deportes quixo pór de manifesto o exemplo que é Tila para moitas persoas, animando aos veciños e veciñas de A Guarda a que aproveiten este servizo municipal e se apunten á piscina para facer deporte, cos importantes beneficios para a saúde que supón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario