O concello de A Guarda saca a licitación o mantemento das illas ecolóxicas e a reforma do obradoiro de emprego
A data límite de presentación de ofertas en ambos casos é o 11 de abril de 2022
Infogauda / A Guarda
No día de hoxe, venres 1 de abril de 2022, o Equipo de goberno municipal, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, vén de facer público o seguinte comunicado:
"O Concello da Guarda saca a licitación pública dous novos contratos, por unha banda o do servizo de mantemento das illas ecolóxicas de contedores soterrados e, pola outra, a reforma do obradoiro de Emprego Manuel Benito Portela.
O servizo de mantemento das illas ecolóxicas de contedores soterrados sae a licitación pública por un importe da licitación de 24.200 euros por dous anos, prorrogable dous anos máis.
A reforma do obradoiro de Emprego Manuel Benito Portela sae a licitación pública por un importe da licitación de 43.913,83 máis IVE e o prazo de execución é de 90 días.
A data límite de presentación de ofertas en ambos casos é o 11 de abril de 2022.
Toda a información destas licitacións está no Perfil do Contratante da Sede Electrónica do Concello da Guarda".
Ningún comentario:
Publicar un comentario