A unidade móbil de doazón de sangue estará en Oia
O luns 28 de marzo, diante do Concello, de 16.00 a 21.00 horas
Infogauda / Oia
A unidade móbil de doazón de sangue visitará Oia o próximo luns 28 de marzo. Permanecerá aparcada diante do Concello de 16.00 a 21.00 horas, a disposición de todas as persoas que queiran achegarse a doar.
Tendo en conta a situación actual derivada da COVID-19, o servizo traballa con cita previa (que pode solicitarse no teléfono 900 100 828) e desenvolvendo un protocolo de seguridade específico.
Os requisitos xerais para doar sangue son ter máis de 18 anos de idade e pesar máis de 50kg. Para doar sangue cómpre almorzar pola mañá e, despois do xantar, ao mediodía recoméndase agardar 2 horas antes de acudir. Á hora de presentarse é necesario levar a tarxeta de doante, DNI ou documento similar.
Acto solidario
A doazón de sangue é un sinxelo acto solidario que non leva máis de 10 minutos e grazas ao cal pódese salvar a vida doutras persoas.
En Galicia, os hospitais atenden unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos. Por iso, cada día son necesarias entre 400 e 500 doazóns de sangue. Para facilitar as doazóns, a Axencia conta con locais nas sete grandes cidades, así como 10 unidades móbiles que percorren toda a comunidade autónoma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario