Parabéns ás rapazas da escola Attitude
Polos seus logros no Concurso Nacional de Danza
Infogauda / O Rosal
O Concello do Rosal
traslada os seus parabéns a todas as integrantes da Escola de Danza Attitude e
a todas aquelas nenas que a pasada fin de semana acadaban importantes logros na
primeira fase do Concurso Nacional de Danza celebrado en Ourense.
No
encontro, as integrantes da escola acadaron un primeiro e segundo premio en
coreografías grupais integradas por cativas do Rosal e da Guarda. Ademais, as
rosaleiras Araceli Rodríguez e Leire Peniza conseguían un segundo premio polas
súas coreografías solistas. A guardesa Irene Cadilla, facíase co primeiro
premio tamén pola súa actuación. As primeiras clasificadas en participarán o
vindeiro mes de maio na segunda fase deste concurso nacional, que se celebrará
en Tarragona.
“Dende o Concello queremos felicitar a todas as alumnas e á profesora e directora da escola de danza, a rosaleira Alba Rodríguez, polos bos resultados obtidos durante esta fin de semana e por ese pase para unha segunda fase do certame nacional que nos faga seguir soñando coas súas coreografías. Sen dúbida levarán o nome do Rosal moi lonxe”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Ningún comentario:
Publicar un comentario