Tesouros doutros tempos con ‘Olivia e o clarinete máxico’ na biblioteca municipal
Contacontos para público infantil este venres 1 de abril ás 17.00 horas. co libro do escritor guardés Francisco Álvarez
Infogauda / O Rosal
A programación do mes do
libro arranca no Rosal cunha actividade para achegar ao máis cativos e cativas
da casa ao mundo da literatura. Este venres 1 de abril a biblioteca municipal
acolle o contacontos ‘Olivia e o clarinete máxico’, unha obra do escritor guardés Francisco
Álvarez, Koki. A actividade, de balde e con entrada libre, comezará ás
17.00 horas e contará coa colaboración da Escola de Música da Agrupación
Musical do Rosal.
Será
unha tarde acompañando a Olivia na súa procura de tesouros doutros tempos no
faiado da casa dos seus avós, un recuncho case máxico no que atopa o clarinete
do seu bisavó Pepe. Un instrumento moi especial que tocaba cando ela estaba
aínda no ventre da súa nai e que cambiará a vida da pequena para sempre. Unha
fantástica historia sobre o valor das tradicións familiares e o amor pola
música que namorará a nenos e nenas.
Francisco Álvarez, Koki, é escritor e animador cultural que residiu en Nova York dende 1984, onde fundou o colectivo Celso Emilio Ferreiro para espallar a cultura galega. Escritor tanto en galego como en castelán, ten unha longa traxectoria como autor con libros de poesía, narrativa, infanto-xuvenil ou obras colectivas e numerosos premios ás súas costas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario