CURSO DE CONFECCIÓN E REPARACIÓN DE REDES
Organizado pola Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia, de A Guarda
Infogauda / A Guarda
A Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia, de A Guarda vén de facer público que organiza un curso de formación de redeiras.
O curso de confección e reparación de redes terá unha duración de 300 horas, e será impartido pola Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao.
Para máis información e para inscribirse, as persoas interesadas deben contactar coa Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia, ben persoalmente, na nave de redeiras, sita no Portiño Novo, porto pesqueiro de A Guarda, s/nº; chamando ao teléfono 699 963 250, ou enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo:
asociacionredeirasatalaia@hotmail.com
Desde a Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia, salientan que sería unha boa salida laboral no noso pobo, ao tempo que desexan que se lle de a máxima difusión xa que para impartir o curso requírese ter un número de persoas interesadas en facelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario