16 de mar. de 2022

DEPORTES

 FÚTBOL

REXIONAL PREFERENTE

O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO PORRIÑO INDUSTRIAL FÚTBOL CLUB

O domingo día 20 de marzo, ás 5 da tarde no Estadio Municipal de A Sangriña (A Guarda)




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O Sporting Guardés recibirá ao Porriño Industrial Fútbol Club o vindeiro domingo día 20 de marzo de 2022, ás 5 da tarde no Estadio Municipal de A Sangriña. O encontro corresponde a xornada 26ª da Preferente Galega Grupo Sur-B Senior, tempada 2021-2022.

 Cos datos na man, o conxunto visitante, que dirixe a técnico Manuel Antonio Losada Míguez, atópase situado na 6ª posición da táboa clasificatoria, con 37 puntos no seu haber.

 Pola súa banda, o Sporting Guardés está na 9ª posición da clasificación, con 26 puntos.

 A diferencia entre ambos os dous equipos resulta evidente. En todo caso, o conxunto que adestra Víctor Manuel López Rodríguez ten toda a disposición para afrontar o encontro do mellor xeito deportivo posible, especialmente logo de haber vencido por 0-2 ao Caselas F.C. na xornada precedente.

 Unha vez máis, consideramos fundamental non soio o traballo dos xogadores do Sporting Guardés, senón tamén o apoio dos seareiros guardesistas, para animar ao equipo da nosa localidade e gozar dunha boa tarde de fútbol.

Ningún comentario:

Publicar un comentario