REMO
XXI Bandeira Concello da Guarda - Memorial Antonino Torrón
O CLUB DE REMO ROBALEIRA ANFITRIÓN DA REGATA DE BATEIS
O sábado día 19 de marzo, ás 16:00 horas, no porto de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O sábado día 19 de marzo, ás 16:00 horas, o porto de A Guarda acollerá a regata de bateis XXI Bandeira Concello da Guarda Memorial Antonino Torrón.
Na organización dese evento deportivo, o Club de Remo Robaleira será o anfitrión, motivo polo cal, á cidadanía de A Guarda e súa contorna, vai ter, se o estado do mar non o impide, unha magnífica oportunidade para apoiar as remeiras e remeiros do club de remo guardés, de cuxa historia fundacional forma parte por dereito propio a inesquecible figura humana de Antonino Torrón Fernández. Unha persoa que contribuiu ao progreso de A Guarda, en diferentes ámbitos nos que estivo directa e voluntariamente comprometido, como nos consta aos que tivemos oportunidade de tratalo en diferentes ocasións e gardamos grata lembranza del.
Ningún comentario:
Publicar un comentario