FÚTBOL
Preferente Galega Grupo Sur-B Senior
O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO C. D. PONTELLAS
Este domingo día 6 de marzo, ás 4:30 da tarde no Estadio Municipal A Sangriña
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
O vindeiro domingo día 6 de marzo, ás 4:30 da tarde, no Estadio Municipal A Sangriña, de A Guarda, o Sporting Guardés disputará co C. D. Pontellas, á xornada 24 da temporada 2021/2022, na Liga de Preferente Gallega Grupo Sur-B Senior.
Con 34 puntos no seu haber, o conxunto visitante, situado na 5ª posición da táboa clasificatoria, virá ata a vila do Trega co propósito de sorprender ao equipo que adestra Víctor Manuel López Rodríguez.
O Sporting Guardés conta con 23 puntos e atópase na 10ª posición da clasificación. A diferencia con respecto ao equipo que dirixe Javier Fernández Pereira, é obvia. En todo caso, iso non vai ser obstáculo para que o equipo locatario poña toda súa intelixencia ao servizo do fútbol e brinde a seus seareiros unha tarde na que calquer resultado pode producirse.
Asemade, o equipo de A Guarda vai procurar sacarse a espiña que ten cravada desde o pasado mércores día 2 deste mes, data na que encaixou un resultado adverso (1-2), no encontro disputado no Estadio Municipal da Sangriña fronte ao C.D. Cultural Areas, nun partido correspondente a xornada 19, que fora aprazado por positivos en covid de varios xogadores visitantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario