9 de mar. de 2022

A GUARDA

Para conmemorar o Día Mundial da Auga 

O Consello Climático Asesor Xuvenil de A Guarda organiza un concurso fotográfico

Calquera persoa pode enviar a súa imaxe ao enderezo informacion@aguarda.es antes do 22 de marzo.




Infogauda / A Guarda 

 Dende o Consello Climático Asesor Xuvenil de A Guarda organízase un concurso de fotografía con motivo do Día Mundial da Auga, o vindeiro 22 de marzo. Na pasada xuntanza do Consello Climático, Carmen Novas, do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, estivo compartindo cos rapaces a campaña europea Water for the Future, que animou aos mozos e mozas a sacar esta iniciativa para implicar a toda a veciñanza.  

 O concurso pretende recompilar fotografías orixinais e artísticas que teñan como elemento principal a auga, en calquera dos seus estados e formas, dende unha bágoa ata a inmensidade do océano. O gañador ou gañadora recibirá un equipo de elementos que permiten o coidado e aforro de auga na vida cotiá e o Concello levará a cabo unha exposición cunha selección das mellores instantáneas.  

 Calquera persoa pode enviar a súa imaxe ao enderezo informacion@aguarda.es antes do 22 de marzo. 

 Os mozos e mozas do Consello Climático aproveitan para invitar a calquera persoa entre 15 e 35 anos a participar nesta actividade, que se leva a cabo un venres ao mes ás 19:00 no concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario