29 de mar. de 2022

A GUARDA

A Guarda amplía ata este venres o prazo de inscricións para a Habitación de Escape sobre Igualdade  "Estrelas"

• As persoas interesadas en participar poden inscribirse na conserxería do Concello de A Guarda (Casa dos Alonso), de 8:00 a 15:30h. e no centro cultural de 17:00 a 20:00h.; ou a través do seguinte correo electrónico: conserje@aguarda.es  

• Pode descargarse  o modelo de solicitude da páxina web do Concello. 





Infogauda / A Guarda

 Como xa informamos oportunamente neste xornal dixital transfronteirizo, as actividades programadas polo Día Internacional da Muller estenderanse ao mes de abril de 2022. Deste xeito o sábado día 2 de abril ás 17:00h, terá lugar polas rúas da vila, a actividade Habitación de Escape sobre Igualdade "Estrelas", dirixida a público familiar. 

 Esta proba está recomendada a partir dos 12 anos en diante debido aos coñecementos necesarios (culturais, de estratexia,...) aínda que non é excluínte. Tratase dunha actividade que se desenvolverá en grupos, que deberán integrarse cun mínimo de 3 persoas e un máximo de 5, chegando a un total de 15 grupos como máximo. 

 A actividade terá como base a praza de Avelino Vicente e desenvolverase na zona vella e na Fortaleza de Santa Cruz. Explicarase inicialmente a dinámica da actividade aos participantes, as regras da mesma, así como a resolución das posibles dúbidas que lles poidan xurdir ás persoas participantes. Unha vez repartido o material para cada equipo, comezará a proba, saíndo todos os equipos ao mesmo tempo. 

 En primeiro lugar os equipos deberán localizar, coa axuda dun mapa, diferentes puntos de control distribuídos polo contorna da zona vella de A Guarda e a Fortaleza de Santa Cruz. No seu itinerario deberán atopar certa información que será vital para a seguinte parte da proba. Acabar o antes posible outorgará aos equipos máis tempo para superar a seguinte fase. Esta parte terá unha duración aproximada de 30 minutos, cunha distancia total a percorrer aproximada de 2-3Km e un nivel de esixencia medio-baixo. Para iso, as/os participantes contarán cun plano da vila. 

 Na terceira parte da proba os equipos volverán á praza de Avelino Vicente, onde se desenvolverá unha proba sonora grupal. Cada equipo contará con numeroso material gráfico en forma de debuxos, imaxes, palabras, números,… Paralelamente unha gravación deseñada para a ocasión acompañaraos en todo momento, e será a clave para resolver a proba, apoiándose nas pistas que conseguiron na fase anterior. O obxectivo final é conseguir a combinación numérica coa cal abrir a caixa forte e o código de 6 letras para abrir o críptex (un dispositivo de forma cilíndrica mencionado na novela O código Da  Vinci, de Dan  Brown).

 As persoas interesadas en participar na actividade poden presentar a solicitude de forma presencial  na conserxería (punto de Información) do Concello de A Guarda (Casa dos Alonso), de 8:00 a 15:30h.; no centro cultural  de 17:00 a 20:00h. ou a través do seguinte correo electrónico: conserje@aguarda.es 

modelo de solicitude pode descargarse da páxina web do Concello. 

 No caso de menores de idade non acompañados, deberan presentar autorización asinada polas súas proxenitoras/es ou titoras/es. 

 As inscricións amplíanse ata o venres día 1 de abril, día no que tamén publicarase a listaxe dos equipos admitidos na páxina web do Concello e comunicarase a través do enderelectrónico que se facilite na solicitude, así como a listaxe de suplentes. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario