7 de mar. de 2022

A GUARDA

O BNG PARTICIPARÁ NA CONCENTRACIÓN CONVOCADA POLA CIG NA GUARDA 

O 8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA  


Beatriz Lomba e Nuria Vázquez, concelleiras nacionalistas no Concello de A Guarda


BNG / A Guarda

 O BNG chama a participar na concentración convocada pola CIG na Guarda o 8 de marzo día internacional da muller traballadora  ás 12 da mañá na Praza Avelino Vicente.  

 As  concelleiras nacionalistas Beatriz Lomba e Nuria Vázquez anunciaron  a presentación dunha moción no Concello da Guarda na que se demanda á Xunta de Galiza a posta en marcha do compromiso incumprido desde o 2019 de impulsar cláusulas de igualdade na contratación pública no noso país. Así mesmo na moción demándase do Goberno Central o aumento de recursos destinados a inspección laboral e a súa transferencia a Galiza. Tamén se require   a ratificación do convenio 189 da OIT que é chave para a dignificación e protección das traballadoras do fogar que entre outras cousas lles garantiría o dereito á prestación por desemprego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario