7 de mar. de 2022

DEPORTES

 ATLETISMO

PRATA E BRONCE, RESPECTIVAMENTE, PARA AS ATLETAS GUARDESAS ELISA  MORGADO E MARA ROMEU

No  XXXV Campionato Xunta de Galicia de Pista Cuberta Sub16 


Elisa Morgado Rodríguez e Mara Romeu Vicente

 
Sociedade Atlética do Trega

 O pasado sábado, as pistas das instalacións de Expourense, acolleron o  XXXV Campionato de Galicia baixo teito na categoría Sub-16. 


Elisa Morgado Rodríguez - a esq. - compartindo podio coa 1ª e coa 3ª clasificada

 Nese evento deportivo nosa atleta Elisa Morgado Rodríguez, de A Guarda, participou na proba dos 3.000 metros, rexistrando un tempo de 11´08" 28, o cal lle deu o subcampionato galego. 


Mara Romeu Vicente - a der. - compartindo podio coa 1ª e coa 2ª clasificada

 O bronce autonómico, estivo a cargo da súa compañeira de club Mara Romeu Vicente, tamén de A Guarda, que participando nos 300 metros lisos, logrou entrar en 3ª posición na final parando el crono en 43"74. 

 E por último destacar que este próximo día 13 de marzo desprazaranse ata Getafe dous dos nosos atletas; Marcela Morgado Rodríguez e Álex Sierpes Pereira. Os dous están convocados pola Selección Galega para participar no Campionato de España de Campo a través autonómico en idade escolar Sub-16 e Sub-18.

Ningún comentario:

Publicar un comentario