20 de mar. de 2022

A GUARDA

TRANS MIÑO LGTBIQ+ ABRIRÁ PRÓXIMAMENTE O LOCAL NA GUARDA 

Unha vez aberta a oficina comarcal,  o horario de atención ao público será de 16:30 a 20:00 horas, de luns a venres; e o sábado de 10:00 a 13:00 horas, estando ubicada nas antigas escolas do Sinde, pavillón 2°, piso 2°, na oficina 2ª


A oficina comarcal LGTBIQ+ na comarca do Baixo Miño estará ubicada no antigo colexio Rodríguez Sinde

Foto: X.C.V.

Xermán Cordero Verde / A Guarda

 O pasado luns o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, deu luz verde a posta en funcionamiento da oficina comarcal LGTBIQ+ na comarca do Baixo Miño. 

 Nestes intres estase levando a cabo a instalación do mobiliario, así coma o equipo de audivisuais. 

 Con esta oficina, preténdese tecer unha rede de oficinas. Coma a que está no concello de Ponteareas que é cabeceira da comarca do Condado-Paradanta, xunto coa subsede do concello de Covelo. Tendo como obxetivos principais a orientación asesoramento e información das diversas campañas, que dende Trans Miño-LGTBIQ+ se levan a bo termo, como por exemplo: o reparto de material preventivo ante o VIH, charlas informativas, así como se está en contacto coa Dirección Xeral de Sanidade Pública, para o sinatura dun convenio de colaboración para a realización de diversos programas xuntos. 

 A atención o público, unha vez aberta a oficina comarcal, será de 16:30 a 20:00 horas, de luns a venres, e o sábado de 10:00 a 13:00 horas, estando ubicada nas antigas escolas Manuel Rodríguez Sinde, pavillón 2°, piso 2°, na oficina 2ª (encima do albergue dos peregrinos), estando atendida por un equipo de profesionais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario