26 de mar. de 2022

A GUARDA

A GUARDA DEMANDA UNHA COMUNICACIÓN EFICAZ CON CAMINHA AO GOBERNO CENTRAL E A XUNTA DE GALICIA  

O Pleno da Corporación Municipal aprobou por unanimidade a iniciativa do BNG "urxir a  Xunta de Galiza e o Goberno Central unha mobilidade eficaz  que abra as portas a futura Eurocidade A Guarda-Caminha"  


De esq. á der.: Manuel Antonio Lourenzo Sobral, deputado do Grupo Parlamentario do BNG no Parlamento galego, e  Anxo Lois Baz Vicente, concelleiro portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello de A Guarda, no embarcadoiro do transbordador de A Pasaxe (Camposancos)

Infogauda / A Guarda

 O pleno do Concello de A Guarda aprobou por unanimidade na sesión celebrada no día de onte  unha moción presentada polo BNG na que se demanda ao Goberno Central e a Xunta de Galicia un transporte eficaz e sostíbel para as dúas beiras do Miño que abra portas a constitución da Eurocidade A Guarda- Caminha.  

 Anxo Lois Baz Vicente, portavoz dos nacionalistas foi o  encargado de defender a proposta e argumentou “o “ferry” que une A Guarda con Caminha fai anos que quedou obsoleto.Trátase dunha embarcación anticuada  que precisa dun calado para navegar que o rio non ten. Esta realidade condiciona uns horarios que veñen determinados polas mareas o que impide  ter  frecuencias regulares e estruturadas”.  

 Noutro momento da súa intervención o nacionalista afirmou: “Non podemos conformarnos cun ferry que xa non cumpre coas expectativas mínimas. Precisamos dun compromiso  entre o  Goberno do Estado español, o Goberno  Portugués e a Xunta de Galiza para dotarnos dun transporte eficaz e sostíbel para as dúas beiras do Miño que abra portas a constitución da Eurocidade A Guarda- Caminha e rematou dicindo que a presión social exercida pola cidadanía guardesa comeza a amosar os seus primeiros froitos”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario