PRESENTADO ANTE O PÚBLICO O PROXECTO MENIÑOS CANTORES 2 PONTE…NAS ONDAS!
O IES ANTÓN ALONSO RÍOS, DE TOMIÑO E O CPI SUÁREZ MARQUIER, DO ROSAL, EN COLABORACIÓN COS CONCELLOS DE TOMIÑO E DO ROSAL ORGANIZARON O ACTO
Infogauda / Tomiño
O Auditorio de Goián (Tomiño) acolleu onte (venres 18 de febreiro ás 19.00 horas), a gala de presentación do proxecto Meniños Cantores 2 no Baixo Miño. Ponte…nas ondas!.
O IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño e o CPI Suárez Marquier, do Rosal, en colaboración cos concellos de Tomiño e do Rosal organizaron o acto, ao que asistíu a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, institución que apoiou a publicación do libro USB de Meniños Cantores 2.
O alumnado participante de ambos centros foi o encargado de conducir a gala-presentación que contou coas actuacións de Andrea Pousa e de Lucía Pérez, ambas madriñas do proxecto. Ademais proxectáronse imaxes da gravación do primeiro Meniños Cantores, ante un numeroso e entusiasta público.
No acto interviron a xa citada presidenta do Consello da Cultura Galega, e o presidente de Ponte…nas ondas!, Santiago Veloso, xunto coas alcaldesas Ánxela Fernández (O Rosal) e Sandra González (Tomiño). Os profesores Luis Lechuga do IES Antón Alonso Ríos e Xosé Manuel Méndez explicaron o traballo desenvolvido polo alumnado no proxecto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario