2 de feb. de 2022

PONTEVEDRA

 Afiliados de Tomiño, O Rosal, Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa incorpóranse á xunta directiva do PPdeG  

Rueda subliña a importancia de dar voz aos afiliados, esa enorme base de xente que traballa polo simple feito de que lle gusta formar parte do mellor equipo.   




Infogauda / Pontevedra

 O comité executivo do PPdeG aprobou esta mañá a incorporación de 20 novos afiliados de base á xunta directiva, cinco deles da provincia de Pontevedra. Así, as novas incorporacións á xunta directiva son Lara Meneses Álvarez, de Tomiño; Carlos Rodríguez Vicente, do Rosal; Raúl Santamaría González, de Vilagarcía de Arousa; Beatriz Rey González, de Pontevedra; e Diego Lago Cabo, de Vigo.   

 O presidente provincial, Alfonso Rueda Valenzuela, subliñou durante o comité executivo a importancia de dar voz aos afiliados do Partido Popular, esa enorme base de xente que traballa polo simple feito de que lle gusta formar parte do mellor equipo, a base social deste partido e que representan á Galicia real. Por iso, amosou a súa satisfacción por seguir sumando persoas novas, persoas comprometidas, con ganas de traballar e que representan aos afiliados da provincia.   

 Ademais destes cinco afiliados que se incorporan por primeira vez ao PPdeG, xa formaban parte da xunta directiva autonómica os alcaldes Telmo Martín (Sanxenxo), Marta Valcárcel (Salvaterra de Miño), José López Campos (A Estrada), Julio César García-Luengo (Crecente), Ricardo Martínez (Portas), José Cela (Moraña), Cristina Correa (Oia) e Pablo Castillo (Covelo), así como o voceiro de Poio, Ángel Moldes, os deputados provinciais Javier Tourís e Elena Estévez, e o ex alcalde de Vigo, Manolo Pérez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario