2 de feb. de 2022

A GUARDA

O Concello de A Guarda iniciou no Cancelón, a poda e revisión de especies arbóreas en parques públicos do municipio 

Nos vindeiros días os traballos continuarán nos xardíns do Centro Cultural, na Fortaleza de Santa Cruz, entre outros


Os operarios comezaron estes traballos no Parque do Cancelón (O Montiño), no acceso ao monte Santa Trega
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, vén de facer público que se iniciaron os traballos de poda e revisión das especies arbóreas existentes nos diferentes parques públicos do municipio.  

 Dende este mesmo mércores os operarios comezaron estes traballos no Parque do Cancelón, máis coñecido coma O Montiño, no acceso ao monte Santa Trega, onde se están revisando as diferentes árbores deste espazo e procedendo á súa poda, atopando algúns parcialmente secos ou enfermos, polo que é preciso realizar estas tarefas para garantir a seguridade dos veciños e visitantes que desfrutan dese enclave. 

 Nos vindeiros días continuarán os traballos de poda e revisión de especies arbóreas noutros parques públicos do municipio coma nos xardíns do Centro Cultural, na Fortaleza de Santa Cruz, entre outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario