ATLETISMO
OS DEPORTISTAS DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA BRILLARON EN LOURENZÁ
Álex Sierpes, Christian Sierpes, Héctor Portela, Carmen Magallanes, Mara Romeu, Elisa Morgado e Helia Alonso, conseguiron 8 medallas autonómicas
Informa: Sociedade Atlética do Trega
Esta pasada fin de semana, ata Lourenzá (Foz–Lugo), desprazáronse os nosos atletas clasificados da fase do provincial escolar para disputar o Campionato de Galicia de Campo a través de XOGADE.
O máis destacado da xornada para o noso club, foi a proba cadete masculino Sub-16, na que o guardés, Álex Sierpes Pereira proclamouse campión galego individual. Ademais formaba equipo co seu irmán Christian Sierpes, que entrou en 8º posto e pechando o equipo, o porriñes, Héctor Portela Méndez, no posto 26º. Entre todos sumaron 18 puntos, proclamándose campións falegos por equipos na categoría Sub-16 masculino.
O conxunto das mozas Sub-16, composto por tres guardesas e unha tudense, amosáronse como un equipo moi regular, entrando en meta de primeira do seu grupo Carmen Magallanes Pérez cun 11º posto; Mara Romeu Vicente, no posto 24º, seguida moi de preto por Elisa Morgado Rodríguez, coa posición de 26º, e para rematar o grupo, Helia Alonso Romero cun 31º posto, sumando entre todas 32 puntos o cal lles deu a medalla de bronce autonómico por equipos.
Así pecharon con broche de ouro e bronce esta xeración, un ciclo nas categorías de base por equipos.
Tamén tivemos representación en alevín masculino categoría na que Sergio Silva Souto, acabou clasificado no posto 31º.
E en infantil, a tomiñesa Paula Rocha Bautista, quedou clasificada na 13ª posición.
Moitas felicidades a todas/os!
Ningún comentario:
Publicar un comentario