ATLETISMO
ANTÍA RODRÍGUEZ OTERO, DE GOIÁN (TOMIÑO), SUBCAMPIOA GALEGA SUB-18
Dos 3.000 metros lisos en pista cuberta
Informa: Sociedade Atlética do Trega
Esta pasada fin de semana, Antía Rodríguez Otero, representou a Sociedade Atlética do Trega na proba de fondo, disputada nas pistas de Expourense. A atleta goianesa entrou en meta cun rexistro de 11´54" 95. Dese xeito fíxose coa medalla de prata autonómica, proclamándose subcampioa de Galicia dos 3.000 metros lisos de pista cuberta, na categoría Sub-18.
E por último, felicitar á nosa atleta pola súa entrega, constancia e esforzo.
Parabéns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario