A PROPOSTA DE APROBACIÓN DE EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DAS OBRAS DE REFORMA E AMPLIACIÓN DO PAVILLÓN A SANGRIÑA
Será tratada na sesión plenaria extraordinaria do venres día 11 de febreiro de 2022 ás 8:30 da mañá
Infogauda / A Guarda
No día de hoxe, martes 8 de febreiro de 2022, o alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz, fixo pública á convocatoria do Pleno da Corporación Municipal, para á celebración dunha sesión extraordinaria que terá lugar na Casa do Concello, o vindeiro venres día 11 deste mes, ás 8:30 horas, para tratar o seguinte:
ASUNTOS DA CONVOCATORIA
PUNTO ÚNICO.- Expediente 53/2022. PROPOSTA DA ALCALDÍA APROBACIÓN EXPEDIENTE CONTRATACIÓN OBRAS REFORMA E AMPLIACIÓN PAVILLÓN A SANGRIÑA.
A sesión plenaria poderase seguir en directo ou en diferido, segundo as preferencias de cada persoa, pola canle de YouTube do Concello de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario