24 de xan. de 2022

O ROSAL

O Rosal continúa coas súas formacións contra a violencia de xénero  

O Concello rematou esta fin de semana o curso de autodefensa para mulleres que organizou xunto a Secretaría Xeral de Igualdade

 

Esta fin de semana rematou o curso de autodefensa para mulleres que organizou en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade

Fotos. C.O.R.



Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal continúa coas súas formación contra a violencia de xénero. Esta fin de semana rematou o curso de autodefensa para mulleres que organizou en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade. As asistentes aprenderon a utilizar as ferramentas necesarias para poder afrontar e defenderse ante situacións violentas. Unha das alumnas destacou que esta formación axuda a “saber defendernos, xa que hai moitos anos, cando tiven unha situación que o requería,  non sabía facelo”. 

 No curso participaron mulleres de todas as idades e consistiu de adestramento físico e psicolóxico para crear protocolos de actuación así como para dotar ás participantes de auto capacidades para a prevención de posibles situacións de violencia. O obxectivo, soamente o de dotar de ferramentas a estas mulleres para fuxir lesas dunha situación de violencia.  

 A actividade foi impartida por especialistas da Federación Galega de Loita pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario