24 de xan. de 2022

A GUARDA

O Concello de A Guarda mellora a seguridade viaria 

Co asfaltado de viarios públicos do municipio


Rúa Julia Vaquero
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda  

 A Concellería de Vías e Obras do concello de A Guarda, vén de acometer diversos traballos de renovación do pavimento asfáltico e reposición da sinalización horizontal de viarios públicos do municipio "en aras de continuar mellorando a seguridade viaria do municipio". 


Rúa Baiona
Entorno da zona escolar do CEIP Manuel Rodríguez Sinde, na rúa Tui

 

Estes traballos supuxeron a reposición da capa de rodadura e novo pavimentado con asfalto nas rúas Baiona, Julia Vaquero, parte da rúa Bechos, rúa Muniño (A Gándara) e o entorno da zona escolar do CEIP Manuel Rodríguez Sinde, na rúa Tui. 


Rúa Irmans Noia

 Dentro destas accións de mellora da seguridade vial, implementáronse novas bandas redutoras de velocidade en diferentes puntos da vila, como na rúa Irmans Noia, na baixada ás praias de Fedorento e Area Grande, e Rosentes, entre outras. 

 Todas estas accións conlevaron tamén unha nova sinalización horizontal co repintado das zonas de aparcamento, carga e descarga, minusválidos, etc. 

 A maiores, na rúa Baiona, dotouse dunha nova iluminación en led, así coma unha nova reordenación do tráfico e das zonas de aparcamento. 

 Estas actuacións leváronse a cabo con cargo ao Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra, cun importe de máis de 67.000€.

Ningún comentario:

Publicar un comentario