O Concello de A Guarda saca a licitación a adecuación da planta baixo cuberta do edificio consistorial
Cun orzamento de execución de 141.610,00€ sen IVE, e cun prazo de execución de 60 días
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda vén de sacar a licitación as obras de adecuación da planta baixo cuberta do edificio sede do concello, cun orzamento de execución de 141.610,00€ sen IVE, e cun prazo de execución de 60 días.
Toda a información sobre esta licitación, pregos e demais informacións de interese, están a disposición dos interesados no perfil do contratante da sede electrónica municipal en www.aguarda.es
Nestas obras rematarase definitivamente a rehabilitación do edificio do Concello de A Guarda, nunha planta na que está previsto aloxar os departamentos de Servizos Sociais e de Urbanismo, respectivamente.
O prazo para a presentación de propostas remata o vindeiro 22 de febreiro de 2022.
Ningún comentario:
Publicar un comentario