CIG SAÚDE VIGO SOLICITA O CESE DAS ACTUACIÓNS DA XERENCIA DA ÁREA SANITARIA DE VIGO
Miguel Tizón* / Vigo
CIG SAÚDE Vigo vén de solicitar o cese inmediato das recentes actuacións da Xerencia da área Sanitaria de Vigo contra o seu persoal. Estas medidas consisten na suspensión de días de permiso, LDs, cambios de quendas e outras similares, que nos últimos días están sendo comunicadas ao persoal da Área Sanitaria de Vigo.
As modificacións das condicións de traballo sen a debida comunicación formal ás representantes lexitimas dos e das traballadoras, así como a preceptiva negociación previa constitúen para a CIG unha violación dos dereitos laborais do persoal.
As comunicacións de modificacións a que se refire o presente escrito, estanse realizando de xeito totalmente informal, cunha simple mensaxe de whatsapp ou similar. O que provoca a inseguridade das persoas afectadas en relación coa obrigatoriedade e legalidade da medida, téñase en conta que algunhas destas medidas consisten en suprimir días de permiso previamente concedidos e cambios en quedas fixas.
Estas medidas/actuacións estanlles a ocasionar a algunha persoas prexuízos económicos (anulación viaxes contratados, contratacións persoas para atender menores ou maiores dependentes,....). O persoal ten demostrado sobradamente o seu compromiso coa súa labor asistencial, mais esta Xerencia unha vez máis abusa deste compromiso omitindo as formas de cara as traballadoras e o seu dereito a unha vida privada e non só laboral.
Por todo isto a CIG SAÚDE esixe unha rectificación da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo e esixe respecto había o seu persoal.
* Membro de CIG SAÚDE Vigo
Ningún comentario:
Publicar un comentario