7 de dec. de 2021

TOMIÑO

CONCENTRACIÓN DA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA DE TOMIÑO   

· Tivo lugar este martes día 7 de decembro, ás 11:00 horas, na praza do Seixo




A Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño celebrou este martes unha concentración para reivindicar unha sanidade  pública digna e de calidade


Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño

 A Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño celebrou este martes día 7 de decembro, ás 11:00h unha concentración para reivindicar unha sanidade  pública digna e de calidade. Ante a falta de médicas/os enfermeiras/os, pola parada de itinerancia dos nosos médicos a outros centros, matrona, largas listas de espera para consulta, etc, etc,, así como unha resposta clara para a reapertura do Consultorio de Goián Xa. Polo tanto e ante todas estas circunstancia, hoxe martes vímonos na obriga de volver sair a rúa, pois isto vai camiño dun desmantelamento da nosa Atención Primaria, intentando cansar e aburrir aos veciños e veciñas para que se vaian a polas ofertas de seguros privados, os cales non podemos, nin debemos  nin queremos a grande maioría.  

 Veciñas e veciños de Tomiño, mocidade e maiores, isto é cousa de todxs, para que nos escoiten acude e apoia a Plataforma cando vos convoque. Iremos informando a través das redes sociais e prensa escrita das distintas accións e reivindicacións que temos pensado levar a cabo proximamente.

 Por unha sanidade digna e de calidade para tódolxs veciñxs.   

 SAÚDE E FORZA!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario