Os Reis Magos perden as capas en Tomiño
Nova campaña de Adeto para apoiar o consumo no comercio local
Adeto / Tomiño
Chega o Nadal e os Reis Magos de Oriente están facendo as súas compras e, como é ben sabido, mercan no comercio local e de proximidade. Se ti tamén mercas aquí, abre ben os ollos! se atopas as súas capas recibirás un regalo sorpresa.
Dende o mércores 15 de decembro ata o 5 de xaneiro os establecementos asociados a Adeto entregarán premios diarios aos clientes que atopen as capas dos Reis Magos. Cada día, haberá algunha capa nun establecemento tomiñés e o cliente ou clienta que as atopen recibirán, ao momento, un regalo por cortesía do comercio local.
Deste xeito, Adeto e os seus asociados queren premiar a fidelidade dos clientes que fan as súas compras e apoian os comercios e a hostalería local, agradecéndolles nestas datas a súa colaboración impresncindible para a supervivencia da vida comercial no municipio.
Dende a dirección de Adeto animan á xente a participar no xogo facendo as súas compras na vila para contribuir entre todos, comerciantes e clientes, a animar Tomiño nestas datas tan sinaladas
Ningún comentario:
Publicar un comentario